Thursday 19 de September de 2024

Alternativa de Cambre pide os avances dados sobre a recuperación do Xardín da Casa da Arrigada


Raúl Varela, voceiro do grupo en Cambre solicitará información sobre a recuperación do Xardín da Casa da Arrigada, actualmente sede da OMIX, posto que a pesar de levar dende o 2020 a esperas dos traballos para o xardín, parecen non iniciar.

O goberno municipal non avanzou ningunha información respecto ao tema. E posto que se trata dun compromiso acadado coa xuventude, Raúl Varela solicitará as previsións para orzamentos, posible procedencia dos mesmos, prazos que se manexan para a contratación e execución da obra.